Čerenkov, radiación de
Čerenkov, radiación de
[FÍS]
Luz irradiada por unha partícula cargada que se despraza a través dun medio non condutor a unha velocidade superior á que tería a luz dentro do mesmo medio. Este efecto, observado por Pavel Čerenkov no ano 1934, foi interpretado por I. E. Tamm e I. M. Frank en 1937. A radiación de Čerenkov é especialmente visible nas piscinas de auga dalgúns reactores nucleares con coloración branca-azulada. Ten aplicación na detección de partículas de alta enerxía, como no contador de Čerenkov.