Cereus
Cereus
[PLANTA]
Xénero de arbustos da familia das cactáceas de talo cilíndrico e groso, de máis dun metro de altura, sen ramificacións, con 5 ou 6 costelas arredondadas, con aréolas de 4 a 7 espiñas de ata 5 cm de lonxitude e sen gloquidios. As flores son sésiles e alaranxadas de ata 15 cm de longo, e teñen forma de funil. En Galicia está presente, como ornamental, a especie C. uruguayanus, orixinaria do S de América.