cerificación
cerificación
(
s
f
[BOT]
Fenómeno polo que as células epidérmicas dalgunhas plantas se recobren de filamentos, escamas ou gránulos cerosos que impiden o contacto entre a auga e a epiderme; deste xeito, facilitan que a auga esvare e que non se produzan infeccións provocadas por fungos, bacterias, etc. Nalgunhas plantas, como o carandaí, a produción de cera é tan grande que permite a súa recolección para aplicacións industriais.