cervo -va
(
-
[ANIMAL]
-
s
Mamífero ruminante da familia dos cérvidos cun aspecto áxil e robusto; algunhas especies acadan os 2,5 m de lonxitude e 1,5 m de altura ata a cruz. Presenta patas longas e delgadas, a pelaxe adoita ter as partes inferiores máis claras e no traseiro aparécelles unha zona moi clara, baixo unha cola curta, de vital importancia para a comunicación visual intraespecífica. Os machos son de maior tamaño e posúen unha cornamenta ramificada, agás no caso do cervo acuático que carece de cornos e ten, sen embargo, cabeiros hiperatrofiados. As hastas son macizas e despréndense, logo do celo, todos os anos na primavera. Os cornos desenvólvense a partir dun pedúnculo cuberto dunha pel intensamente vascularizada que protexe o óso en crecemento; cando este remata de crecer o sangue deixa de fluír, co que a pel morre e se desprende, axudada polo propio animal que se frega contra a vexetación. O pelame dos cervos é curto e áspero, e sofre cambios na cor, no deseño e na densidade en función da idade e da época do ano. Así, os cervos novos presentan un deseño a pintas adecuado para a camuflaxe; no caso dos adultos o pelame é máis escuro no verán ca no inverno. A muda ten lugar dúas veces ao ano, na primavera e no outono. Os machos emiten durante o celo unha serie de voces para atraer as femias polas que logo compiten, en demostracións de choque e empuxe con outros machos, polo dereito á cópula. Os cervos teñen glándulas interdixitais e glándulas faciais. Existen unhas 40 especies de cervos, sobre todo forestais e nocturnos, distribuídos por América, Europa, Asia, noroeste de África e Australia, onde foron introducidos polo home. Este animal tivo un papel vital na subsistencia do home na súa longa etapa cazadora en Europa como amosan as numerosas representacións rupestres. Como especie cinexética apréciase especialmente pola perna, o lombo e os filetes, preferentemente dos machos no seu segundo ano, apto para estufados e asados no forno. O fígado goza de prestixio como base para a elaboración de exquisitos patés.
-
cervo acuático [Hydropotes inermis, Fam dos cérvidos]
Pequeno cervo duns 60 cm de altura. Non posúe hastas, pero presenta como defensa uns caninos moi desenvolvidos. É propio de rexións pantanosas de China e dalgunhas rexións do sudoeste asiático.
-
cervo común [Cervus elaphus, Fam dos cérvidos]
Cervo de pelaxe acastañada arrubiada no verán e acastañada agrisada no inverno. Distribúese por Europa occidental ata o centro de Asia, polo N de África, Asia Menor, Tibet, Kashmir, Turquestán e Afganistán, tamén se introduciu en Australia e Nova Zelanda.
-
cervo das pampas [Odocoileus bezoarticus, Fam dos cérvidos]
Cervo duns 70 cm de altura. Viven en lugares abertos, con vexetación herbácea abundante, illados no inverno e en grupos de 10 a 20 individuos na primavera. Habitan na rexión do Chaco brasileiro e do Paraguay e na Pampa arxentina.
-
cervo do padre David [Elaphurus davidianus, Fam dos cérvidos]
Cervo duns 130 cm de altura. Orixinario de Asia, actualmente se estendeu por Europa onde vive sobre todo en catividade.
-
cervo dos pantanos [Blastocerus dischotomus, Fam dos cérvidos]
Cervo duns 120 cm de altura. É propio dalgunhas rexións de Bolivia, do Paraguay e de Brasil.
-
cervo muntjac [Muntiacus muntjak, Fam dos cérvidos]
Pequeno cervo duns 50 cm de altura. O pelo é de cor acastañada, fino e brillante. Vive na India, China, Nepal e en gran parte das illas da Sonda.
-
cervo sika [Cervus nippon, Fam dos cérvidos]
Cervo de cor acastañada con pintas, coa cabeza máis clara e cunha liña negra ao longo do pescozo e lombo. Son animais solitarios que viven en bosques do norte e sueste de China, Xapón, Manchuria, Formosa e Corea. Introducíronse en parques de Australia, Dinamarca, Francia, Alemaña, Rusia e Nova Zelanda, onde se estableceron algunhas poboacións asilvestradas.
-
cervo virxiniano [Odocoileus virginianus, Fam dos cérvidos]
Cervo de talle mediano, coa hasta curta e moi ramificada. Vive en zonas boscosas e é propio dos EE UU.
-
cervo wapití/uapití/cervo canadense [Cervus canadensis, Fam dos cérvidos]
Cervo de 2,7 m de lonxitude e 1,5 m de altura ata a cruz, cunha cornamenta de ata 1 metro de envergadura e 12 puntas. Viven en pastos do N e O de Norteamérica, e en Asia nos montes Tien-Shan ata Manchuria e Mongolia, Kansu e China. Introduciuse en Nova Zelanda.
-
s
-
s
m
[ANIMAL]
Nome dado a outros individuos da familia dos cérvidos.
-
s
m
[HERÁLD]
Figura que se representa pasante, parada ou correndo e, ás veces, rampante con hastas estriadas e ramosas.