cesarismo

cesarismo

(< césar)

s m [POLÍT]

Forma de goberno caracterizada polo exercicio de todos os poderes públicos a cargo dunha soa persoa. O termo ten a súa orixe no réxime instaurado por Caio Xulio César na antiga Roma.