Cesatel
Cesatel
Empresa con sede na Coruña constituída en 1992 pola Xunta de Galicia e por Unión Fenosa como Centro de Servicios Avanzados de Telecomunicacións de Galicia. Dedícase principalmente á enxeñería de sistemas e a desenvolver aplicacións informáticas, sitios web e dar acceso a Internet a empresas; funciona incluso como consultoría de comunicacións. Un dos seus primeiros traballos foi crear o Servicio de Información Pesqueira, unha fonte de información para o sector que pretende facilitar a comercialización electrónica e a xestión das lonxas. Coa aparición de Infovía en 1996, converteuse no maior centro provedor de Infovía de Galicia.