cesura

cesura

(< lat caesŭra ‘corte’,de caedĕre ‘cortar’)

  1. s f [LIT]

    Pausa obrigatoria no interior dun verso. Na poesía grega e latina, de ritmo cuantitativo, a pausa segue a terminación dunha palabra dentro dun pé. Habitualmente, sitúase no medio do verso e sepárao en dúas partes chamadas hemistiquios. A estabilidade da cesura detrás dunha sílaba fixa para cada tipo de verso aparece na poesía latina cristiá medieval, onde a pausa está sempre nos versos dun número parello de sílabas en posición medial. Nas linguas románicas de ritmo non cuantitativo senón acentual en versos isosilábicos (sílabas tónicas e átonas) preséntase, sobre todo, no eneasílabo, no decasílabo, no hendecasílabo e no alexandrino. A cesura chámase masculina se vai despois de sílaba tónica e feminina, despois de sílaba átona. Se separa dous pés dentro do verso chámase diérese.

  2. s f [MÚS]

    Pausa entre frases musicais marcada, en xeral, por un silencio.

Palabras veciñas

cestón | Cestona | Cesullas | cesura | Cesuras | cesureño -ña | Cesures