Ceta

Ceta
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe natural da vila de Baiona. As súas armas levan, en campo de goles, unha aguia descabezada de sable, coas patas apresadas por unha cadea de ouro; en xefe, tres flores de lis de prata, postas en faixa (armas dos Aldao); como timbre, sobre o helmo, a cabeza da aguia. Outra variante trae, dous zancos de ave, apresados cunha cadea polas patas; bordo con catro follas de figueira e catro flores de lis, alternando.

Palabras veciñas

1 cet(o)- | 2 cet(o)- | ceta | Ceta | cetáceo -a | cetano | cetaria