ceugma

ceugma

(< lat zeugma < gr ζευγμα         ‘xugo, lazo’)

s m [LING]

Figura pola que un termo, expresado nun determinado enunciado, se sobreentende noutro, posterior ou anterior a el. Segundo a posición que ocupe ese termo expresado se denomina proceugma ou protozeugma (se o termo vai expreso na primeira oración), mesoceugma (no enunciado central) e hipoceugma (na oración final). Tamén se distingue ceugma simple, cando o termo que se elide aparece no mesmo enunciado (

Ex: Ela come peixe, el carne), e ceugma composto cando o termo elidido precisa dalgunha variación morfolóxica (Ex: O seu nariz era aquilino, e os seus ollos grandes e verdes).

Citas

  • Ela come peixe, el carne), e ceugma composto cando o termo elidido precisa dalgunha variación morfolóxica (
  • O seu nariz era aquilino, e os seus ollos grandes e verdes)

Formas incorrectas

zeugma

Palabras veciñas

cetro | Cettia | Cetus | ceugma | Ceuta | ceutí | Ceutí