CGI
CGI
[INFORM]
A Interface de Paso Común é a forma estándar de realizar comunicacións de programas de ordenador con servidores HTTP da World Wide Web, de forma que unha páxina web poida amosar material procesado por ordenador mentres se consulta e non só textos e gráficos enlatados; este é o caso, por exemplo, dun contador de visitas. Os programas CGI danlle saída normalmente a textos HTML precedidos por unha cabeceira MIME de “Tipo de contido”.