chadiano -na
(< topónimo Chad)
-
adx
Relativo ou pertencente ao Chad, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
s
Natural ou habitante do Chad.
-
s
m
[LING]
Familia de linguas (ó redor dunhas 50) faladas ao N de Nixeria e Camerún e ao S de Chad. As linguas máis importantes desta familia, de O a L, son o hausa, o angas, o ron, o bola, o tangale, o margi, o musgu, o mubi, etc. Caracterízase, sobre todo, polo uso dos pronomes febles diante do verbo que, en parte, son idénticos aos prefixos e aos sufixos persoais das linguas afroasiáticas. Outras trazos lingüísticos que o emparentan con esta lingua son a desinencia feminina a, o uso do pronome feminino ta, o emprego da partícula de anexión n, etc. Por iso, algúns lingüistas, como J. Lukas, cren que se trata dunha banda que se desborda cara ao S. Tamén se denomina chádico ou chado-camítico.