chafalleiro -ra

chafalleiro -ra

(

  1. adx

    Aplícase a aquilo que se fai demasiado rápido e sen coidado.

    Ex: Presentou un traballo chafalleiro e non acadou a cualificación esperada.

    Sinónimos: chafallas, chafullas, trapallas.
  2. adx e s

    Quen fai mal ou ás presas as cousas.

    Ex: Desde que teñen tanto traballo son uns chafalleiros e deixan todo sen acabar.

    Sinónimos: chafallas, chafullas, trapallas.
  3. adx e s

    Quen é moi descoidado co seu aspecto ou moi desordenado.

    Ex: Ten moita roupa pero anda sempre coma un chafalleiro.

    Sinónimos: chafallas, chafullas.
  4. adx e s

    Quen non di a verdade ou enreda todo.

    Ex: O chafalleiro do teu curmán sempre acaba liando todo.

    Sinónimos: chafallas, chafullas.
  5. adx e s

    Quen non é responsable co seu traballo.

    Ex: Botárono do traballo por ser un chafalleiro.

    Sinónimos: chafallas, chafullas.

Palabras veciñas

chafallada | chafallar | chafallas | chafalleiro -ra | chafar | Chafarinas | chafariz