Chalciporus

Chalciporus
[FUNGO]

Xénero de fungos que presentan cogomelos cun sombreiro que pode acadar os 7 cm de diámetro, de cor acastañada e superficie seca, co himenio formado por tubos rematados en poros de cor alaranxada e cun pé de cor amarela que pode acadar os 8 cm de alto. En Galicia, está presente, baixo das árbores caducifolias, a especie C. piperatus, de carne moi picante e indixesta, que recibe o nome de andoa picante.

Palabras veciñas

Chalatenango | Chalchiuhtlicue | Chalcides | Chalciporus | Chalcophora | chalé | chaleco