Chamadoira, casa de
Chamadoira, casa de
Contrución palaciana situada en San Xoán de Cerdedo (Cerdedo). Erixiuna a comezos do s XVIII o mestre Pedro de Monteagudo por orde de Bertomeu Cadavid García de Caamaño (?-1720), eclesiástico e mecenas que fundou escolas nos lugares de Salcedo e Chamadoira. O conxunto consta de vivenda e capela brasonada coas armas dos Caamaño, Mariño e Castro.