chantre

chantre

(< fr chantre ‘cantor’)

s m [RELIX]

Eclesiástico que dirixía o coro nas catedrais e colexiatas. Trátase dunha dignidade eclesiástica que ten a súa orixe no oficio de director de escola de catedrais e mosteiros, que implicaba o ensino das humanidades e do canto. Entre o s X e o XIII exerceu as funcións de primeiro cantor.