chapón -na
chapón -na
(< chapar)
-
adx e s
Que ou quen non fai nada e anda atrosmado.
Ex: Chameille chapón porque non se move nunca.
-
adx e s
Que ou quen come con avidez.
Ex: Na miña casa estamos todos un pouco gordos porque somos moi chapóns. Non me gusta comer á mesa con xente chapona.
-
adx e s
Que ou quen estudia moito ou, despectivamente, o que se distingue máis polo aplicado que é ca polos seus dotes.
Ex: É moi chapona, pero non aprende moi rápido. Non me xunto cos chapóns da clase.
-
s
m
Pataca cocida sen quitarlle a pela. OBS: Emprégase xeralmente en plural.
Ex: Ceamos lacón con chapóns.
Sinónimos: cachelo.