Charaxes
Charaxes
[ANIMAL/ENTOM]
Xénero de lepidópteros da familia dos ninfálidos. A especie Charaxes jasius presenta bolboretas de ata 86 mm de envergadura coas alas dunha cor castaña escura e cunha franxa marxinal de cor laranxa que nas alas posteriores se esvaece en amarelo. Estas alas posteriores, de bordos serrados, tamén presentan manchas azuis e rematan en dúas colas negras cada unha. As eirugas, que se alimentan de érbedos, son de cor verde e presentan unha gran cápsula cefálica provista de catro picos virados cara a atrás. A especie distribúese por África ecuatorial, Etiopia, a costa mediterránea, Portugal e o S de Galicia.