Charente-Maritime
Charente-Maritime
Departamento da rexión de Poitou-Charentes, Francia (6.864 km2; 540.700 h [estim 1995]). A agricultura perdeu importancia en favor da gandería, especialmente a vacúa. A súa capital, La Rochelle, é o principal porto pesqueiro e centro industrial, sobre todo químico e mecánico.