Charino
Charino
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que trae como armas, en campo de ouro, unha banda de goles acompañada de dúas panelas de sinople; bordo de azul, con cinco flores de lis de prata. Outra variante leva escudo acuartelado: primeiro e segundo cuartel, en campo de azul, con dúas flores de lis de ouro, postas en pao; segundo e terceiro cuartel, en campo de prata, cun león rampante da súa cor. Outros ostentan, en campo de azul, cinco flores de lis de ouro, postas en aspa.