charouvía
charouvía
(<ár karawîya)
-
s
f
[PLANTA]
Planta herbácea bienal, de ata 120 cm de altura, pubescente, de follas pinnaticompostas con folíolos ovados e festonados, e de flores amarelas dispostas en umbelas compostas. Hai formas de cultivo (subespecie sativa), de talo anguloso, folíolos agudos e raíz axonomorfa, grosa e branca, empregadas como verdura e como forraxe. En Galicia tamén se poden atopar formas silvestres en lugares herbosos e camiños, que se caracterizan por ter o talo cilíndrico ou pouco anguloso e os folíolos obtusos.
-
s
f
Raíz carnosa e comestible da planta homónima. Ten forma alongada e polpa branca e cremosa. Emprégase, principalmente, na preparación de potaxes e sopas.