charramangueiro -ra

charramangueiro -ra
  1. adx

    Que ten diferentes cores vivas, discordantes e mal combinadas, especialmente as pezas de roupa.

    Ex: Mercou unha blusa na feira moi charramangueira.

    Confrontacións: rechamante.
  2. adx

    Que viste esta roupa. Ex: Teño que cambiarme, que non vou a sitio ningún tan charramangueira.

    Ex: Teño que cambiarme, que non vou a sitio ningún tan charramangueira.

  3. adx [HERÁLD]

    Aplícase ás bolboretas, cigarras e abellas coas ás de diferentes cores.

  4. arxilas charramangueiras [ESTRATIG]

    Arxilas de diferentes cores do Triásico superior, da facies Keuper.

  5. greses charramangueiros [ESTRATIG]

    Greses de cores diversas, especialmente vermellas, do Triásico inferior e da facies Buntsandstein.

Palabras veciñas

charqueira | charquento -ta | charra | charramangueiro -ra | charramoneiro | charras | charrasca