Chārvāka ou Cārvāka
Chārvāka ou Cārvāka
[FILOS]
Escola filosófica india dos períodos épico e puránico (600 a C-1200 d C) coñecida polo nome do seu lendario fundador Chārvāka, que reuniu tendencias negativistas e materialistas. Polo que respecta ao aspecto relixioso, os chārvāka negaban o transcendente; en canto á filosofía, establecen como único coñecemento válido o que provén dos sentidos e, no tocante á ética, pódense caracterizar como hedonistas.