chasis

chasis

(< fr châssis)

  1. s m [TECNOL]
    1. Soporte de determinados dispositivos, instrumentos ou máquinas.

    2. Soporte sobre o que se montan os elementos dun aparato electrónico.

  2. s m [TECNOL]

    Estrutura metálica situada na parte inferior do automóbil que soporta o motor e a carrocería.

  3. s m [IMAX]

    Parte posterior dunha cámara fotográfica onde se dispón a película.