cheer-leader*

cheer-leader*
s f [ESPECT]

Bailarina que, en grupo, interpreta coreografías breves durante as interrupcións dunha competición deportiva e que tamén celebra os puntos do equipo que animan, coa intención de darlles azos e de manter a atención do público. Ten a súa orixe nos EE UU, en concreto nos partidos de fútbol americano; estendéronse a todos os deportes nos que a dimensión espectacular é tan importante como a deportiva. Adoita vestir uniformes coas cores do seu equipo. A crecente profesionalización e a evolución do deporte europeo cara ao espectáculo, propiciou a incorporación dese modelo no continente, sobre todo nas disciplinas que, como o baloncesto, teñen estreitas vinculacións cos EE UU.

Palabras veciñas

Chedanne, Georges Paul | cheddar* | chedeiro | cheer-leader* | Cheere, Henry | Cheever, John | Chef Rivera