cherkés -sa

cherkés -sa
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos cherkeses.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo cherkés.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo que habitaba na antiga rexión de Circasia. A súa área de ocupación autóctona era a oblast’ dos Karachais e dos Cherkeses.

  4. s m [LING]

    Lingua pertencente ao grupo noroccidental das linguas caucásicas ou grupo abkhazo-adigueo. Divídese en dous grupos dialectais: o cherkés superior ou kabardino, falado na República dos Kabardinos e dos Balkares, e o cherkés inferior ou adigueo, falado na República de Adiguesia.