China, síndrome de
China, síndrome de
Expresión inventada nos EE UU para designar a hipótese fantasiosa dun accidente nunha central nuclear de tal magnitude que o núcleo do reactor, ao non poder expandirse cara ao exterior por impedilo o edificio de contención, atravesase a Terra ata emerxer en China.