chisme

chisme

(< lat cimĭce ‘chinche’)

  1. s m

    Información, verdadeira ou falsa, que se divulga para prexudicar a alguén ou para tratar de pór a mal unha persoa con outra.

    Ex: O chisme que corría a xente fixo que lle cerraran o restaurante.

    Sinónimos: conto, conto.
  2. s m

    Calquera obxecto do que non se coñece o nome ou non se lembra.

    Sinónimos: chintófano, chisma, conto, conto.
  3. s m

    Calquera obxecto de pouco valor, que non ten utilidade ou estorba.

    Ex: Saca do medio eses chismes que non podo pasar.

    Sinónimos: chilindrada, chintófano, trapallada, traste, trasto.

Palabras veciñas

chisco | Chişinău | chisma | chisme | Chisme, El | Chismoso, El | chisnar