Chlamydia
Chlamydia
[PROTISTA]
Xénero de bacterias da familia das clamidiáceas, con forma de coco, de 0,2 a 1,5 μm de diámetro. Son Gram-negativas e parasitas intracelulares obrigadas. Destacan tres especies: C. psittaci, causante da psitacose e de diversas afeccións do gando; C. trachomatis, causante de doenzas respiratorias, xenitais e oculares; e C. pneumoniae, causante de trastornos respiratorios agudos no ser humano.