Chlorella
Chlorella
[PROTISTA]
Xénero das algas verdes unicelulares e inmóbiles, da orde das clorococais, que ademais de vivir de xeito libre, é a alga predominante na simbiose con organismos de augas continentais. Vive no plasma de protozoos, esponxas, celentéreos e cilióforos, pero tamén aparece na simbiose de fungos liquenizados.