Choiseul
Choiseul
Liñaxe feudal da Champagne. Durante o s XVII foron marqueses e duques de Praslin, condes de Chevigny, pares de Francia e condes do Imperio Francés no 1810. Entre os seus membros destacan Étienne François de Choiseul e César Gabriel de Choiseul (París 1712-1785), curmán do anterior, que foi ministro de Estado (1761) e da Mariña e Colonias.