Chouannerie

Chouannerie
[HIST]

Alzamento campesiño contra o goberno republicano francés, en defensa da monarquía e da relixión, que tivo lugar en Bretaña, Normandie, Maine, Anjou e Turena. Existiron dúas fases: entre 1793-1796, e un segundo momento entre 1797-1799. O alzamento recollía as tendencias adversas ao centralismo xacobino, a oposición aos ataques da Convención ao sacerdocio e a resistencia ao recrutamento militar. Sumáronse á insurrección de La Vendée. Foi duramente reprimido por Napoleón e desapareceu en 1801 despois da firma dun acordo. O termo deriva do alcume dun dos xefes, o bretón Jean Cottereau, chamado Chouan (‘curuxa’, en bretón).

Palabras veciñas

Chou En-lai | chou, ó | Chou-K’ou-tien | Chouannerie | chouceiro | choucha | chouchar