"Álvaro" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 60.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Álvaro de Las Casas Blanco.
-
PERSOEIRO
Impresor. Especialista no traballo de impresión con moldes, instalou o seu obradoiro tipográfico en Huete, Cuenca. Viaxou xunto con Juan de Bobadilla a Santiago de Compostela en 1483, onde negociou co cabido compostelán a edición do Breviarium ad usum Compostellanae ecclesiae (Breviario para o uso da igrexa compostelá) para esta diocese, a razón de trinta e cinco reais cada un. Publicou dúas edicións das Ordenanzas Reales (1484-1485), da autoría de Díaz de Montalvo, e varias bulas de Cruzada.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político portugués. Foi gobernador xeral de Moçambique (1915-1917), ministro de Xustiza, Finanzas e Guerra, e xefe do goberno (1920-1923). Fundou o Partido Republicano da Reconstitução Nacional en 1920.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante, ilustrador e caricaturista. Estudiou na Escola de Comercio da Coruña ata que en 1919 comezou a colaborar como caricaturista en diversas publicacións como A Nosa Terra, Mondariz ou Alborada. Posteriormente traballou como ilustrador nas revistas Vida Gallega, Ronsel e Alfar e en El Ideal Gallego, xornal no que publicaba diariamente os seus debuxos acompañados dun pé cunha mensaxe filosófica. Ingresou na Irmandade da Fala da Coruña en 1920. En 1922 asinou con Manuel Antonio o manifesto vangardista Máis alá. En 1923 viaxou a París, onde frecuentou academias libres e trabou amizade con numerosos artistas da época, entre eles o pintor Foujita. Deixou de publicar por causa da Guerra Civil ata 1945. A súa obra posúe un grafismo de trazo expresivo, que nalgúns casos se achega ao retrato psicolóxico, acompañado de pés que subliñan o seu agudo e sutil sentido do humor. Entre as súas caricaturas salientan as de Antón...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor, autor e director. Comezou a súa traxectoria teatral co grupo O Facho nos espectáculos A feira dos criados, de Bertolt Brecht (1966), e O señor Bonhome e os incendiarios de Max Frisch (1966). Posteriormente, traballou con Teatro Circo en Romaría ás covas do demo e Crónica do sol de inverno, ambas as obras de Manuel Lourenzo (1969 e 1971, respectivamente). Realizou co Centro Dramático Galego Woyzeck, de Georg Büchner (1984); A noite vai coma un río, de Álvaro Cunqueiro (1986); Leoncio e Helena, de Georg Büchner (1993); Viaxe e fin de don Frontán, de Rafael Dieste (1995); Nau de amores, baseada en textos de Gil Vicente (1995); ou Hostia, de Armando Cotarelo Valledor (1996). Tamén actuou co Teatro do Malbarate (1992) en Xogos á hora da sesta, de Romá Mahieu. Como director realizou os espectáculos A pousadeira de Goldoni (1987); para o Centro Dramático Galego e para O Moucho-Clerc preparou a coprodución co CDG Da Vinci levaba razón (1987) e Na fraga do conde, baseada en textos de Shakespeare...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Autor teatral. Foi gobernador do cárcere de Calatrava, escribán en Granada e na corte. Publicou unha colección de poemas e doce pezas teatrais co título El enano de las Musas (1654). Das súas obras destacan, entre outras, Las muñecas de Marcela, Los triunfos de San Miguel e El rayo de Andalucía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político portugués. En 1931, afiliouse ao Partido Comunista Português (PCP) cando era estudante de dereito en Lisboa e, en 1935, foi elixido secretario xeral das xuventudes do partido. Debido ás súas actividades políticas na clandestinidade durante a ditadura de Salazar (en 1936 entrou a formar parte do Comité Central do partido), foi apresado en numerosas ocasións: a primeira entre 1937 e 1938, a segunda en 1940 e a derradeira entre 1949 e 1960, data en que logrou fuxir da prisión para partir cara ao exilio. En 1961 foi elixido secretario xeral do PCP, cargo que permanecía baleiro dende 1942, e o seu mandato renovouse ata 1992. En 1974, tras a Revolução dos Cravos, regresou a Portugal. Entre 1974 e 1975 foi ministro sen carteira e en maio de 1977 abandonou o seu escano no Parlamento. Foi membro do Conselho de Estado dende 1982. As súas intervencións públicas...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Fillo dun farmacéutico nacido en Cambados, Xoaquín, casado con Pepita -da estirpe dos Moirón de Cachán-, parente dos Valle-Inclán e tamén dos Vicetto, instalouse coa súa familia fronte á Fonte Vella mindoniense. Cunqueiro dende cativo compaxinou a súa paixón pola lectura co contacto coa máxica realidade que lle proporcionaron as terras natais, paisaxe omnipresente nas súas ficións e nas súas reflexións sobre a vida; e foi nesta época cando escribiu en castelán unha novela de vaqueiros na que os indios se expresaban en galego. Era un texto no que os indios vencían os brancos pero que revelaba unha clara comprensión do noso conflito lingüístico. Trasladouse a Lugo para estudar o bacharelato e alí frecuentou a miúdo a Biblioteca Provincial e entrou en contacto con Ánxel Fole, os irmáns Correa Calderón e co poeta Luís Pimentel. Xa en Santiago de Compostela matriculouse, desde o curso 1927-1928, en Filosofía e Letras, na sección de historia, e tomou parte activa na intensa vida cultural...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político. Emigrou a Puerto Rico, onde traballou no Banco Sobrinos de Ezquiaga e foi deputado provincial e vicepresidente da Deputación. Alistouse no Batallón de Voluntarios e retornou pouco antes da perda da illa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Doutorouse en Dereito na Universidad Central de Madrid. Inicialmente colaborou no xornal madrileño El Sol e na publicación barcelonesa La Calle. Militante do Partido Federal, durante a República ocupou diversos cargos diplomáticos. Trala finalización da Guerra Civil española exiliouse en Montevideo. Alí traballou no xornal El Pueblo e, co pseudónimo de Juan de Lara, colaborou en Marcha e Mundial, así como en La Nación de Bos Aires. Escribiu tamén nas revistas Escritura, Cuadernos Americanos, Sur e Índice. Publicou, entre outras obras, El futuro del mundo occidental (1934), Los mitos del Quijote (1953), España, árbol vivo (1960) e La ciénaga inútil (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e avogado. Conde de Romanones. Membro do Partido Liberal, foi alcalde de Madrid (1894-1895, 1897-1899) e ministro de Instrución Pública (1901), Gobernación, Fomento e Gracia e Xustiza (1905-1906). En 1912 presidiu o congreso e exerceu a presidencia do Goberno nos períodos 1912-1913 e 1915-1917. Formou novamente goberno en 1919 e tivo que enfrontarse a axitacións obreiras e nacionalistas. Foi presidente do Senado cando tivo lugar o golpe de estado de Primo de Rivera e, trala caída deste, foi ministro de Estado con J. B. Aznar (1930) e defendeu a Afonso XIII nas Cortes Constituíntes de 1931. Fundou o Diario Universal e o Globo e escribiu Las últimas horas de una monarquía (1931) e Obras Completas (1955). Foi presidente do Ateneo, director da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e economista. Defensor do liberalismo, publicou Curso de Economía Política (1828), no que reflectiron as opinións dos economistas clásicos ingleses, e que se empregou como texto universitario. Crítico coa desamortización de Mendizábal, propuña a conservación das terras polo Estado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Álvaro de Brito.
-
GALICIA
Escultor e pintor. Coñecido como Álvaro de la Vega, realizou a súa primeira mostra pictórica en 1974 no pazo da Deputación de Lugo. En 1976 trasladouse a Barcelona, onde estudiou na Escola de Belles Arts, realizou diversas exposicións e participou en mostras e concursos, entre outros, na III Bienal d’Art Contemporani, na que obtivo unha mención de honor. Estas primeiras obras estiveron influenciadas pola fotografía e o cómic. Realizou traballos de deseño gráfico e ilustración en diversas publicacións e, en 1985, ingresou na Escola de Belles Arts de Barcelona, onde se licenciou en 1990. Na década de 1980 comezou a esculpir e abandonou a pintura, e traballou principalmente a madeira. As súas primeiras pezas realizounas a partir dun esqueleto sobre o que insería elementos de diferentes materiais. Nos seus comezos realizou figuras solitarias e individualizadas para despois elaborar imaxes seriadas, caracterizadas pola fragmentación da figura. Realizou numerosas mostras individuais...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e debuxante. Coñecido como Caruncho, realizou estudios na Escola de Artes e Oficios da Coruña. A súa actividade abrangue a ilustración, o cartelismo, a publicidade e as artes gráficas. Na súa obra, caracterizada por un expresionismo intimista e un realismo desmitificador, sempre está presente a ironía. Foi colaborador de La Codorniz e autor do libro Por narices!! (1977). Recibiu, entre outros galardóns, o primeiro premio no I Certame de Cine de Humor (1973) e o segundo premio no Concurso Internacional do Humor de Atenas (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
) Escritor e xornalista. Emigrou a La Habana, onde fundou a revista Letras (1899). É autor de numerosos artigos de propaganda católica, biografías, relatos e novelas, das que cómpre salientar Episodios cubanos (1903), Cosas de antaño: tercera serie de las tradiciones cubanas (1917) e, postumamente, Tradiciones completas (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Álvaro Núñez de Isorna.
-
PERSOEIRO
Escritor. Desde 1944 dirixiu a revista humorística La Codorniz. A súa produción novelística inclúese dentro dunha doada comicidade e intrascendencia que, malia todo, acadou a miúdo un consistente aire crítico. Das súas obras cómpre salientar La gallina de los huevos de plomo (1950), Mundo, demonio y pescado (1964), Novelas malhumoradas (1973) e El sobrino de Dios (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Entre 1924 e 1925 desempeñou o cargo de secretario político do conde de Valellano. En 1930 exerceu como catedrático de Historia en Noia, onde se distinguiu polas súas campañas a prol da galeguización do ensino universitario, así como polo labor de difusión e promoción cultural entre os máis novos, como mostra a publicación de Verbas aos mozos galegos. O momento universitario (1933). En 1932 fundou, xunto con outros galeguistas como Fermín Bouza-Brey, a organización xuvenil galeguista Ultreya que, a través de viaxes culturais, promovía o estudo e coñecemento dos costumes e do folclore galego. En 1933 creou a agrupación independentista Vanguarda Nacionalista Galega e en 1934 o boletín de cultura galega Alento. Tamén nestes anos foi director da Biblioteca de Estudios Gallegos. En 1936, baixo a súa dirección e a de Carlos Villar, editáronse trece pequenos libros didácticos, a colección “Renascencia”, nos que se trata a historia, a xeografía e a literatura galegas,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e investigador. Doutor en Dereito e licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía, exerce a docencia de Ciencia Política e da Administración na facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo, e é autor dunha prolífica obra investigadora que abrangue temas como o nacionalismo, a organización territorial ou os sistemas electorais e políticos de Galicia. Da súa obra científica, publicada en parte en diversos países de Europa e Latinoamérica, cómpre citar O nacionalismo galego e o futuro do nacionalismo (1996), Territorio e democracia (1996), A Galicia irredenta (1998), Un modelo de organización territorial para Galicia (2000), Introdución ao sistema político español (2001), Portugal, a rexionalización imposible (2002), Galicia e Portugal: a fronteira esvaída (2002) e a biografía Alfredo Brañas. O precursor do nacionalismo político galego (2004). Recibiu o Premio de Humanidades e Ciencias Sociais da Deputación de Pontevedra, o Alexandre Bóveda e a insignia de ouro da UNED.
VER O DETALLE DO TERMO