Iglesia Caruncho, Álvaro de la

Iglesia Caruncho, Álvaro de la

Pintor e debuxante. Coñecido como Caruncho, realizou estudios na Escola de Artes e Oficios da Coruña. A súa actividade abrangue a ilustración, o cartelismo, a publicidade e as artes gráficas. Na súa obra, caracterizada por un expresionismo intimista e un realismo desmitificador, sempre está presente a ironía. Foi colaborador de La Codorniz e   autor do libro Por narices!! (1977). Recibiu, entre outros galardóns, o primeiro premio no I Certame de Cine de Humor (1973) e o segundo premio no Concurso Internacional do Humor de Atenas (1975).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña