"Ārsī" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 35.
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo parsi.
-
Individuo do pobo parsi.
-
Pobo de orixe persa e de relixión mazdeísta que vive concentrado practicamente en Bombai (India), a onde chegaron no s VII a raíz da conquista musulmá de Irán. Son moi influíntes en India pola súa posición social como homes de negocios e intelectuais. A parte que quedou en Irán representa unha poboación pobre e de nivel social ínfimo.
-
Transcrición en escritura persa dos textos pahlavis.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do antropónimo masculino Percival.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Drama musical en tres actos e cinco cadros de Richard Wagner, que se estreou no teatro de Bayreuth o 26 de xullo de 1882. Está considerado como a culminación da obra musical wagneriana, inspirado na obra Parzival (1200-1212), de Wolfram von Eschenbach, e esta, á súa vez, na lenda do Graal.
-
-
Calma ou lentitude na maneira de falar ou de actuar alguén, ou de ocorrer algo.
-
economía do pensamento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que fai as cousas ou que se desenvolve con parsimonia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de mazdeísmo dos parsis de India.
-
-
Relativo ou pertencente aos seársidos.
-
Peixe da familia dos seársidos.
-
Familia de peixes osteíctios, da orde dos clupeiformes, á que pertencen os cabezóns.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Membro da administración local rusa. De acordo coas reformas establecidas polo Tsar Alexandre II a mediados do s XIX, presidía a municipalidade cantonal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao tarso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que provén do latín eclesiástico Tarsicius, Tharsicius, do grego Tharsikios ‘audaz, temerario’, derivado de Tharsos ‘valor, atrevemento, audacia’. Tharso era epíteto de Atena, como deusa do valor.
-
PERSOEIRO
Mártir. Sancristán, foi sorprendido polos pagáns cando levaba agochados os elementos da Eucaristía para os presos. Ao negarse a entregarllos aos infieis -pois quixo evitar a profanación- foi apedrado ata morrer, con 14 anos. Iconograficamente representouse cunha túnica curta (propia dos nenos) e manto romano, cunha patena nas mans ou con elas cruzadas sobre o peito como escondendo algo (atributo persoal). A súa festividade celébrase o 15 de agosto e o 30 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos társidos.
-
Mamífero da familia dos társidos.
-
Familia de mamíferos de pequeno tamaño, da orde dos primates, coa cabeza redondeada, orellas anchas e membranosas, ollos enormes e rabo moi longo.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos tarsiformes.
-
Mamífero da suborde dos tarsiformes.
-
Suborde de mamíferos, da orde dos primates, coa cabeza redondeada, o corpo tamén redondeado, as orellas anchas e membranosas, os ollos enormes, a cola moi longa e pelada, excepto na punta, e as extremidades posteriores moi alongadas por ter un tarso moi desenvolvido, adaptado ao salto. Os dedos son longos e delgados, co extremo aplanado e provisto dun disco adhesivo que permite ao animal trepar por superficies lisas. A pelaxe é laúda e curta. Son animais estritamente arborícoras e nocturnos, propios das zonas de matogueiras e das selvas de Insulindia e Filipinas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade ou rexión citada na Biblia e de localización incerta. O seu nome designaba o ‘país das pedras preciosas’ ou o ‘país dos metais’, que provén das relacións entre hebreos e fenicios en época de Salomón e Xosafate, para os que as xentes de Tiro construíron as naves de Tarsis, para transportar ouro, prata, estaño ou ferro para a súa venda en Oriente. Anteriormente aplicado a un lugar indeterminado do Mar Vermello, empregouse despois para designar o emporio de Occidente que os gregos chamaron Tartesos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación do tarso palpebral.