tarsiforme
tarsiforme
(< lat científico Tarsius,xénero de primates)
-
adx
Relativo ou pertencente aos tarsiformes.
-
s
m
[ANIMAL]
Mamífero da suborde dos tarsiformes.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Suborde de mamíferos, da orde dos primates, coa cabeza redondeada, o corpo tamén redondeado, as orellas anchas e membranosas, os ollos enormes, a cola moi longa e pelada, excepto na punta, e as extremidades posteriores moi alongadas por ter un tarso moi desenvolvido, adaptado ao salto. Os dedos son longos e delgados, co extremo aplanado e provisto dun disco adhesivo que permite ao animal trepar por superficies lisas. A pelaxe é laúda e curta. Son animais estritamente arborícoras e nocturnos, propios das zonas de matogueiras e das selvas de Insulindia e Filipinas.