"AMS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 90.

  • PERSOEIRO

    Socióloga e reformadora norteamericana. Fundou en Chicago un establecemento social chamado Hull House (1889). Militante e defensora dos inmigrantes e dos negros, do pacifismo e do sufraxio universal feminino. Foi presidenta da Asociación Feminina Internacional para a Paz e a Liberdade, no ano 1931 concedéuselle o Premio Nobel da Paz. Entre outras obras escribiu Democracy and social ethics (Democracia e ética social, 1902) e Newer ideal of peace (Un novo ideal pacifista, 1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espectometría de Acelerador de Partículas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo alemán. Luterano extremo, acompañou a Lutero na disputa de Leipzig, onde se asentaron as bases do Protestantismo, e na Dieta de Worms. Participou con el na súa disputa con Erasmo de Rotterdam. Defendeu unha radicalización das teses de Lutero, como amosaron os seus referidos enfrontamentos con Erasmo. En Magdeburgo (1524) dirixiu a oposición protestante contra a clerecía católica. Nomeado Bispo de Naumburgo polo elector de Saxonia (1542) foi destituído polos electores imperiais debido ás súas teses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor holandés, de obra aínda pouco estudiada. Pode ser considerado un precursor do paisaxismo de Breughel debido ás súas paisaxes con figuras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático suízo. Inventou o planímetro do seu nome e un tipo de integrador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Holanda Setentrional, nos Países Baixos, próxima ao río Amstel (76.822 h [1997]). Constitúe a auténtica zona residencial de Amsterdam.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capital dos Países Baixos, en Holanda setentrional, preto da confluencia do Ij e do Amstel (715.148 h [1997]). É un centro comercial, bancario e industrial que forma parte do denominado Randstad Holland ou anel urbano de Holanda. A cidade, construída practicamente sobre a auga, tivo que crear unha rede de canais que lle permitiran a saída ao mar. O centro comercial e de negocios actual, que xira ao redor do porto e da praza do Dam, conserva ben os edificios da época barroca aliñados ao longo das rúas semicirculares que bordean os pequenos canais do centro. A industria está moi diversificada. Ten aeroporto. Amsterdam constitúe tamén o centro dunha vida cultural e artística moi intensa, representada especialmente pola universidade, do s XVII: a Universidade de Amsterdam e a Vrije Universiteit (Universidade Libre). Hai tamén diversos organismos de investigación. A orquestra Concertgebouw é mundialmente coñecida. Durante o s XIII Amsterdam non era máis que unha aldea de pescadores. No s XIV...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñece a Carta Europea do Patrimonio Arquitectónico, proclamada polo Consello de Europa no ano 1975. Estableceu a extensión do concepto de ‘patrimonio arquitectónico’ ou ‘monumento’ para o conxunto dos centros históricos das cidades e para os ambientes urbanos en xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ía de navegación que une a cidade de Amsterdam co río Waal, afluente do Rhin (72 km). Inaugurouse en 1952, e constitúe o canal máis importante da Europa Occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos dialectos prácritos desenvolvidos entre os ss VI e X ( prácrito).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e filósofo estadounidense. Estudiou na Universidade de Harvard, onde foi profesor de matemáticas e de filosofía natural dende 1926. A súa carreira como investigador centrouse nos efectos das altas presións sobre a materia. Tamén contribuíu ao avance da cristalografía e abriu o camiño para a obtención de diamantes artificiais, que conseguiu no 1955 nos laboratorios da General Electric. No 1946 acadou o Premio Nobel de Física pola invención do aparello para producir presións extremadamente altas, amais doutros descubrimentos que realizou vinculados a este eido. Entre as súas obras cómpre destacar The Logic of Modern Physics (A lóxica da Física moderna, 1927), The Physics of High Pressure (A Física de altas presións, 1931), The Nature of Physical Theory (A natureza da teoría física, 1936), The Nature of Thermodynamics (A natureza da Termodinámica, 1941) e Reflections of a Physicist (Reflexións dun físico, 1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado do SL de Inglaterra, Reino Unido, atravesado polos Chiltern Hills (1.883 km2; 665.900 h [estim 1995]). A capital é Aylesbury.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra contida nos Sutta ou segunda parte do canon pali, onde se narran as vidas de vinte e catro budas que precederon a Siddhārta Gautama, fundador do budismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Participou na Guerra Civil española e na Resistencia francesa. Da súa produción destacan as obras Rien qu’un témoignage (Nada máis que un testemuño, 1937) e La superbe (A soberbia, 1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista e cantante de jazz norteamericano. Coñecido como Nat King Cole, en 1940 fundou un trío. Gravou con Lester Young e Coleman Hawkins e colaborou en diversas películas, entre elas Saint Louis Blues (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, litógrafo e ilustrador. Durante a súa estadía en París (1915-1922), traballou no obradoiro do impresor François Bernouard e expuxo no Salon des Indépendants (1922), no Salon d’Automne e nas Tuileries. Realizou unha pintura impulsiva e nerviosa de carácter figurativo. Ilustrou, entre outras obras, Arrêts facultatifs (1925) de Gaston Pulings e Le chirurgien des Roses ou Roses des lles et du Soir (1922) de Marcel Sauvage, e colaborou en Les Feuilles Libres e Cahiers van de Driehoek. Entre os seus cadros destaca Portrait de famille (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cirurxián norteamericano. Estudiou nas universidades de Yale e Harvard, e foi profesor de cirurxía en Harvard (1912-1932) e de neuroloxía (1933-1937) e historia da medicina (1937-1939) en Yale. Realizou valiosas contribucións ao estudo da presión sanguínea en cirurxía e á clasificación e tratamento dos tumores cerebrais. Describiu e estableceu a etioloxía da síndrome de Cushing e desenvolveu o método operatorio baseado na utilización da anestesia local.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo. Estudiou na Universidade de Cambridge. No ano 1675 designouno astrónomo real o Rei Carlos II. Foi director do observatorio real de Greenwich, cargo que ocupou dende 1675 ata a súa morte. Estudiou os eclipses solares, perfeccionou os métodos e os instrumentos para a observación das estrelas, que aplicou na ampliación dun catálogo de estrelas; ese catálogo foi o máis importante do seu tempo e contiña a posición dunhas 3.000 estrelas; tamén ideou a proxección cónica, que se empregou para a confección de mapas da superficie terrestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Partidario das reformas democráticas na URSS, creou un grupo en defensa dos dereitos humanos en 1974. Despois de declararse a independencia de Xeorxia (9.4.1991), foi elixido (26 de maio) presidente da nova República nunhas eleccións directas. Acusado de ditador, a oposición instigou un golpe de estado en xaneiro de 1992. Refuxiouse en Chechenia e iniciou un conflito armado, reducido en poucas semanas coa axuda do exército ruso. Morreu en estrañas circunstancias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pensador, político e xornalista italiano. Ingresou no Partito Socialista (1913) e dedicouse ao xornalismo político en Avanti!. En 1919 fundou, xunto con P. Togliatti, L’Ordine Nuovo e tomou parte no movemento dos Consigli di Fabbrica que desafiaron a FIAT e a outras compañías de Turín ao principio da década de 1920. Trala ruptura do socialismo italiano en Livorno, fundou en 1921, con A. Bordiga e P. Togliatti, o Partito Comunista Italiano e trasladouse a Moscova, onde traballou para a Terceira Internacional Comunista. De volta a Italia (1924) fundou o xornal L’Unità e integrouse na oposición parlamentaria contraria á ditadura de B. Mussolini. Arrestado (1926) e condenado (1928) a vinte anos de cárcere, morreu en prisión. Modificou o materialismo histórico co obxectivo de dar independencia á conciencia humana e á superestrutura de base económica, e analizou as dificultades das sociedades avanzadas á hora de propagar as doutrinas marxistas, xa que nelas a clase...

    VER O DETALLE DO TERMO