"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
-
Facer que se torne brando.
-
Moderar a intensidade dunha cousa ou a aspereza dunha persoa.
-
Tornarse brando.
-
Minguar a intensidade de algo.
-
Mellorar a situación climática despois do mal tempo.
-
-
PERSOEIRO
Actor, autor e director teatral que iniciou a súa andaina na Escola Dramática Galega en Vigo para despois pasar á compañía Ítaca e, en 1988, ao colectivo Avento. Con este último actúa nos espectáculos Imos botar, imos K Gar (1988) e Para ti, Shakespeare (1990). Dirixiu Rín, rín (1992) e Quen matou a Mari Lauri? (1996) textos da súa autoría. Outros espéctaculos que dirixiu son Monstros (2006), Humano.The game (2010), Fantasticks (musical, 2012), O Mago de Oz (musical infantil, 2015), Como sobrevivir a unha apocalipse zombi (de Ben Muir, 2016) e BU21 (de Stuart Slade, 2017).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Entre 1968-1970 formou parte de Acción Católica. Cos gobernos da UCD foi Ministro de Agricultura e Vicepresidente Económico durante o mandato de Adolfo Suárez (1976-1979). Conservou a súa acta de deputado ata 1982.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo tirado polo lingüista croata Žarco Muljačić do seu antecesor Heinz Kloss (1958) e que equivale a Lingua por Distancia. Este concepto fai referencia ás características internas dunha variedade lingüística fronte a Lingua por Elaboración ( Ausbau ) que alude ao compoñente socio-cultural que esta adquire da sociedade na que se insire. Segundo Muljačić, o galego é unha variedade de Lingua por Distancia Galego-Portuguesa derivada da fragmentación do latín na Gallaecia e que conta cunha certa cohesión interna e con trazos diferenciais fronte aos diasistemas veciños como o astur-leonés e o castelán. Esta Abstand Galego-Portuguesa deu lugar, á súa vez, a dúas Linguas por Elaboración: o portugués que se vén consolidando como Ausbau dende o século XVI -e que hoxe posúe un estándar europeo e outro americano- e o galego que o vén facendo dende o s XIX.
-
PERSOEIRO
Xeógrafo granadino. É autor dunha cosmografía e dunha miscelánea das súas viaxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
-
PERSOEIRO
Institución formada por un grupo de cineastas dos EE UU que, dende o ano 1927, concede anualmente os premios Oscar aos mellores filmes, directores, actores, guionistas e demais profesionais do cine.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Indicación de aceleración gradual do movemento. A súa abreviatura é accel.
-
DISTRITOS
Distrito de Gana, que se estende ao redor da cidade homónima, capital do país (2.593 km2 ; 1.696.170 h [estim 1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Nivelar unha superficie irregular, un obxecto, unha cousa.
-
Deixar ben liso un terreo.
-
Retirar os atrancos que impiden ou dificultan a realización dalgunha cousa.
-
-
PERSOEIRO
Médico e filósofo italiano. Coñecido polos seus estudios de anatomía. Atribúeselle o descubrimento dos ósos da orella interna chamados bigornia e martelo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nos briófitos, disposición dos anteridios no extremo apical do talo.
-
GALICIA
Catedrático de Arqueoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, membro da sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO
Os seus traballos centráronse na arqueoloxía romana, no que salientaron as investigacións sobre mosaicos, esculturas, epigrafía e numismática. Rematou o corpus de mosaicos romanos dos conventos lucense e bracarense e os fascículos correspondentes a Galicia do Corpus Signorum Imperii Romani (Corpus das inscricións do Imperio Romano) e da Tabula Imperii Romani (Táboas do Imperio Romano). -
PERSOEIRO
Sacerdote, sobriño do Arcebispo de Santiago Sebastián Malvar. Identificouse ideoloxicamente co absolutismo, fronte ao carácter liberal do seu irmán Manuel, tamén sacerdote. Favorecido pola axuda do seu tío, acadará beneficios e cargos no cabido compostelán ata ser nomeado deán (1797). A defensa dos seus ideais absolutistas valeulle, ademais do enfrontamento ideolóxico co seu irmán, o encarceramento e o desterro ás Islas Canarias (1821) ao se iniciar o Trienio Liberal. Pola contra, acadaría recoñecemento dentro do estamento eclesiástico conservador compostelán, concedéndoselle a Orde de Cabalería de Carlos III.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Doutora en Filosofía e Letras pola Universidade de Valladolid en 1973. Desenvolveu diversos traballos de investigación arqueolóxica aproveitando a súa experiencia en escavacións e os diferentes cargos como directora do Museo Arqueolóxico de Valladolid e do Museo das Peregrinacións de Santiago. Dende 1983 actúa como directora dos Museos Estatais. O seu labor está orientado cara ao tratamento, á investigación e á exposición dos fondos arqueolóxicos. Publicou numerosos traballos entre os que destacan: Esculturas militares romanas de España y Portugal I. Las esculturas thoracatas (1975); Algunhas cuestións sobre os asentamentos na Galicia Baixorromana (1983) e Financiación y patrocinio del Patrimonio histórico (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gobernador e Xustiza Maior do Reino de Galicia (1480-1486). O seu nomeamento, que se insire no proceso que a documentación denomina “doma e castración do Reino de Galicia” -ordenada polos Reis Católicos conforme á súa política centralista-, outorgáballe amplos poderes gobernativos e xudiciais, tanto no civil como no criminal. Fernando de Acuña chegou a Galicia acompañado polo licenciado e corrixidor García López de Chinchilla e un corpo de cabalería ao mando do capitán Mudarra. Ao chegaren a Santiago reclamaron de Alonso de Fonseca as fortificacións da Catedral; diante da negativa do Arcebispo, convocaron aos condes de Altamira e de Camiña e ao Mariscal Sueiro Gómez de Soutomaior, de xeito que non tivo máis remedio que ceder. Así mesmo, apoiándose na Santa Irmandade, constituída a comezos de 1480 en Galicia, mandou derrubar 46 fortalezas; apresurou o proceso de adaptación de mercés do que saíron moi afectados Pedro Álvarez Osorio, Álvarez de Soutomaior, Gómez Pérez de Mariñas, etc; procedeu...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Traduciu a Ovidio e versificou en quintillas a tradución de Le chevalier déliberé (O cabaleiro resolto) de Oliver de la Marche, feita por Carlos I. Está considerado como un dos mellores poetas petrarquistas casteláns.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Illas do Pacífico, no arquipélago de Bismarck, ao NL de Nova Guinea. Manus é a meirande das illas, e ten a principal poboación, Lorengau, que conta con aeroporto. Horno, Tong, Lou e Baluan son outras illas de maior tamaño do arquipélago. Os habitantes son de etnia melanesia. Descobertas por Le Maire e por Villem Schouten no 1616, foron ocupadas sucesivamente polos alemáns, polos xaponeses e polos norteamericanos, entre 1885 e 1944. En 1945 foron reintegradas á confederación australiana e na actualidade forman parte do territorio de Nova Guinea de fideicomiso australiano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
č (Voronej 1826 - Moscova 1871) Folclorista ruso. Baixo a influencia de Grimm e Müller recolleu cinco volumes de fábulas populares rusas (1855-1863). Escribiu, tamén, unhas Consideracións poéticas sobre a natureza (1865-1869).
-
PERSOEIRO
Dramaturgo ruso. Director do primeiro teatro de obreiros de Moscova do Proletkult. Nas súas obras tratou os problemas políticos e sociais durante a consolidación do novo réxime revolucionario soviético así como as súas relacións cos países estranxeiros.
VER O DETALLE DO TERMO