"Abba" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 29.

  • PERSOEIRO

    Cabalista xudeu turco. De familia sefardí, en 1648 autoproclamouse mesías. Despois de ser encarcerado, adxurou do xudaísmo e converteuse ao Islam. A pesar da perda de discípulos e a súa morte escura, un grupo dos seus adeptos mantívose fiel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sétimo día da semana hebrea, consagrado a Iavé, no que se interrompe o traballo. A Biblia explica a etioloxía co descanso de Deus despois de concluír a obra da creación. Como cada día da semana hebrea, iníciase ao solpor do día anterior e remata á posta de sol do mesmo día. Os rabinos prohibiron trinta e nove tipos de traballo ese día e a Mišná adica dous tratados á casuística do sábado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ‘Abbas I de Persia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Paxá de Exipto, neto de Mu ḥ ammad ‘Alī. Opúxose á europeización do país pero permitiu aos británicos a construción do ferrocarril do Cairo con Alexandría. Mantivo boas relacións con Turquía e estivo do seu lado na Guerra de Crimea (1854-1855), durante a cal morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Kedive de Exipto dende o ano 1892. Durante o seu goberno as tropas anglo-exipcias conquistaron o Sudán (1898). Os británicos destituírono no 1914.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xa de Persia (1567-1629), da dinastía safávida, que no 1598 estableceu a capital en Esfahan. Para facer fronte ás agresións exteriores, asinou no 1590 un tratado pouco proveitoso co Imperio Otomano. No 1600 reorganizou o exército ao estilo europeo e expulsou de Ormuz os portugueses. Á súa morte, os seus dominios estendéranse do Tigris ao Indo. Autorizou o asentamento das ordes relixiosas cristiás en Persia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xa de Persia (1642-1667) da dinastía safávida. Reconquistou Qandahār aos tártaros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Derradeiro Xa da dinastía safávida persa, fillo de Tahmasp II. Coroado no 1732, durante o seu reinado nominal Nadir foi rexente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, poeta, ensaísta, crítico literario e xornalista exipcio. Foi un dos fundadores da escola que propugnaba a modernización da poesía árabe. Entre outras obras, é autor de A democracia no Islam (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO