šabbath*
šabbath*
s
m
[RELIX]
Sétimo día da semana hebrea, consagrado a Iavé, no que se interrompe o traballo. A Biblia explica a etioloxía co descanso de Deus despois de concluír a obra da creación. Como cada día da semana hebrea, iníciase ao solpor do día anterior e remata á posta de sol do mesmo día. Os rabinos prohibiron trinta e nove tipos de traballo ese día e a Mišná adica dous tratados á casuística do sábado.