sabedoría
(
-
s
f
Coñecemento profundo sobre determinadas materias ou conxunto de coñecementos adquiridos mediante o estudo ou a experiencia.
Sinónimos: sabenza, sapiencia. -
s
f
[FILOS/RELIX]
-
Coñecemento superior, de carácter non só teórico-especulativo senón tamén práctico-moral, relativo á verdade última (ou primeiros principios) do real e ao sentido e destino do mundo, e sobre todo ao do home nel. En Platón e Aristóteles pódese atopar unha acentuación do carácter teórico da sabedoría, mentres que nas filosofías helenísticas está subliñado o seu aspecto práctico. Este carácter teórico-práctico adoita ir acompañado dunha connotación relixiosa, de xeito que a sabedoría significa tanto o coñecemento e a observación da lei divina coma a mesma razón e o sentido último da creación do mundo e do home por Deus.
Sinónimos: sabenza, sapiencia. -
Ámbito superior da realidade, moitas veces hipostasiado e mesmo personificado, correspondente ao que se pode denominar razón ou logos do cosmos, alma do mundo ou incluso espírito, é dicir, o elemento misterioso que intervén, dándolle sentido, á creación do Universo por Deus. A tradición cristiá identificou a sabedoría veterotestamental co Espírito Santo e o Verbo ou Fillo de Deus.
Sinónimos: sabenza, sapiencia.
-
-
s
f
Característica propia das persoas sabias.
Sinónimos: sabenza, sapiencia. -
s
f
Capacidade de razoar ou actuar con prudencia e mesura.
Sinónimos: sabenza, sapiencia.