"Acte" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 94.
-
VER O DETALLE DO TERMO
irus parasito específico de bacterias ás que lle causa lise ao multiplicarse no seu citoplasma. Os virus bacterianos foron descubertos por primeira vez polo científico británico F. W. Twort en 1919 e, de forma independente, polo francés F. d’Herelle en 1917, que foi o que lles deu o nome de bacteriófagos. Algúns virus teñen cubertas lipídicas, pero a maioría non. Non obstante , moitos bacteriófagos son estruturalmente complexos, con estruturas de cabeza e cola complicadas; esta cola é a que intervén na inxección do ácido nucleico (ARN ou ADN, mono ou bicatenario) na célula infectada. Debido á gran variedade, tamén hai moitas formas de multiplicación diferentes pero basicamente pódese falar de bacteriófagos virulentos que infectan a célula bacteriana, multiplícanse rapidamente, aproveitando o metabolismo desta, e logo destrúena por lise (ciclo lítico); e bacteriófagos atenuados ou temperados, que integran o seu material xenético no da célula infectada e multiplícanse...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lise bacteriana causada por bacteriófagos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia resultante do tratamento da bacterioclorofila con ácidos. Ten a mesma estrutura ca esta, coa diferenza de que o magnesio substitúese por dous hidróxenos. Non se encontrou en estado natural.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lise ou destrución das bacterias. Nos organismos animais a bacteriolise adoita estar provocada por acción dos anticorpos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Axente ou anticorpo que ocasiona a lise bacteriana.
-
-
Relativo ou pertencente á bacteriólise.
-
Que produce a bacteriólise.
-
bactericida.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quen investiga ou estudia o eido da bacterioloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da microbioloxía que trata o estudo das bacterias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á bacterioloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fixación das bacterias nun órgano ou tecido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bacterias que viven en suspensión en augas continentais ou mariñas formando parte do plancto. Aliméntanse de materia orgánica soluble liberada polo metabolismo e a descomposición doutros organismos de toda a columna de auga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera proteína que intervén na composición das bacterias. Algunhas delas posúen valor antixénico e serven para clasificar as cepas de determinadas especies bacterianas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pigmento de cor vermella lilosa que se encontra en certas bacterias e que está constituído pola unión dunha fracción do tipo carotinoide con outra proteica (globulínica).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Observación microscópica das bacterias nun medio normal ou patolóxico cunha finalidade diagnóstica ou de investigación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á bacterioscopia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico das enfermidades causadas por bacterias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inhibición ou paro do crecemento bacteriano que non conleva necesariamente a morte das bacterias.
-
-
Relativo ou pertencente á bacteriostase.
-
Substancia ou axente que inhibe o crecemento bacteriano. Poden actuar como bacteriostáticos os antibióticos e os antisépticos, sempre que se empreguen en concentracións adecuadas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento de enfermidades infecciosas mediante a introdución de bacterias, vivas u mortas, no organismo do paciente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia de toxinas bacterianas no sangue.