bacteriófago
(< bacterio- + gr ϕαγέω‘comer’)
irus parasito específico de bacterias ás que lle causa lise ao multiplicarse no seu citoplasma. Os virus bacterianos foron descubertos por primeira vez polo científico británico F. W. Twort en 1919 e, de forma independente, polo francés F. d’Herelle en 1917, que foi o que lles deu o nome de bacteriófagos. Algúns virus teñen cubertas lipídicas, pero a maioría non. Non obstante , moitos bacteriófagos son estruturalmente complexos, con estruturas de cabeza e cola complicadas; esta cola é a que intervén na inxección do ácido nucleico (ARN ou ADN, mono ou bicatenario) na célula infectada. Debido á gran variedade, tamén hai moitas formas de multiplicación diferentes pero basicamente pódese falar de bacteriófagos virulentos que infectan a célula bacteriana, multiplícanse rapidamente, aproveitando o metabolismo desta, e logo destrúena por lise (ciclo lítico); e bacteriófagos atenuados ou temperados, que integran o seu material xenético no da célula infectada e multiplícanse con ela transmitíndose ás xeracións sucesivas ata que factores ambientais provocan a lise (ciclo lisoxénico).