"Adria" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 44.

  • PERSOEIRO

    Paleógrafo e arquiveiro italiano. É autor do Dizionario di abreviatura latine ed italiane (Dicionario de abreviaturas latinas e italianas, 1899) e Cronologia, cronografia e calendario perpetuo (Cronoloxía, cronografía e calendario perpetuo, 1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, escultor e teórico da arte. En Florencia formou parte do grupo dos macchiaioli, do que chegou a ser un dos seus teóricos. Realizou obras de pequeno formato nas que representou aspectos da vida cotiá. Na súa obra Notas críticas, defendeu a libre expresión do artista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantautor portugués. Realizou estudios de dereito e participou, xunto a José Afonso e outros artistas, no movemento renovador do fado de Coimbra, que posteriormente orixinou un novo modelo de canción ao evolucionar cara á balada e á canção de intervenção. Foi un activo loitador contra a ditadura de Oliveira Salazar, actitude que condicionou boa parte da súa obra, e que se reflectiu en Trova do vento que passa (1962), unha escolma de poesía de protesta. O seu repertorio nutriuse de poemas alleos, musicados moitos deles por el mesmo, algúns da autoría de Curros Enríquez e Rosalía de Castro. Da súa discografía destaca Cantaremos (1970) e Gente de aqui e de agora (1971). Postumamente, editouse a escolma Memória de Adriano (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor dramático, director de escena, pintor e pedagogo. Estudiou debuxo e pintura con Pere Borrell. Como artista plástico, a influencia do seu mestre levouno a un realismo rigoroso. Estudiou dirección de escena en París e en Barcelona, fundou o Teatre Íntim, desde o que combateu a rutina do teatro comercial. Como autor teatral a súa produción é plenamente modernista e oscila entre a alegoría, como en Nocturn (1896), e o naturalismo máis estricto con Els pobres menestrals (1908). Logrou o éxito con Misteri de dolor (1904). Entre a súa extensa produción cómpre destacar tamén La fi de Tomàs Reynalds (1905), Donzell qui cerca muller (1910), Les alegres comediantes (1913) e Foc de muntanya (1934). En 1913 foi director da Escola Catalana d’Art Dramàtic.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo masculino Adrián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo masculino Adrián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ninfas dos bosques. Nacen coa árbore que protexen e comparten o seu destino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor flamengo. Discípulo de Gérard David, foi autor do Díptico da Virxe das Dores, A misa de san Gregorio e o Tríptico do Nadal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Destinado en Cuba e na República Dominicana (1865-1867), volveu a España e loitou contra os carlistas en Euskadi (1870-1871) e enfrontouse cos republicanos que tomaran o arsenal de Ferrol (1872). Participou nos enfrontamentos contra os carlistas en Catalunya e acadou o grao de xeneral. Colaborou en diversas publicación e dirixiu El Tribuno e La crónica de Luarca. Foi membro da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Lourenzá. De carácter familiar, foi doado no 969 ao mosteiro de San Salvador de Lourenzá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista. Foi conselleiro de Radio Televisión de Galicia, e membro do Consello da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra (1992-2000). Foi concelleiro de Vigo (1983-1987) e vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra (1983-1987). Deputado nas Cortes (1986-1989) e senador (1996-2000) polo PP.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador neerlandés. Cultivou as escenas de xénero ao estilo do seu mestre Frans Hals. O seu estilo evolucionou cara á busca do claroscuro de Rembrandt e acabou nunha pintura dunha gran serenidade e de contrastes matizados de luz e cor. Tivo como discípulo a Jan Steen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro masculino situado en Sacardebois (Parada de Sil). Fundouno no s X o abade Froila segundo consta nunha inscrición do Tumbo Nuevo de Santa María de Montederramo de 1648.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Cantou todo aquilo que consideraba que a humanidade perdera ou do que renegaba. Da súa obra destaca Voorbij de wegwn (Máis aló dos camiños, 1920), Een winter aan zee (Un inverno xunto ao mar, 1937) e os catro volumes da súa Obra completa (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Nafarroa, delimitado ao S polo Ebro, que o separa de La Rioja, e regado polo río Ega (5.561 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, na gandaría e na industria diversificada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (31.939 h [2001]). Forma un continuo urbano con Barcelona, Badalona e Santa Coloma de Gramanet. Destacan os sectores de transformacións metálicas, construción, madeira e téxtiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo do litoral atlántico situado fronte ás illas Sisargas, na parroquia de Malpica de Bergantiños, no concello homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Zas. baixo a advocación de Santo adrián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Coñecido como Adrianus Spigellus, estudou en Lovaina e Padua, e especializouse en anatomía e cirurxía. Das súas obras destaca De formatu foetu liber singularis oeneis figuris ornalus. Epistolae duo anatomicae. Tractatus de arthritide, obra póstuma editada en 1626.

    VER O DETALLE DO TERMO