Correia, Adriano de Oliveira
Correia, Adriano de Oliveira
Cantautor portugués. Realizou estudios de dereito e participou, xunto a José Afonso e outros artistas, no movemento renovador do fado de Coimbra, que posteriormente orixinou un novo modelo de canción ao evolucionar cara á balada e á canção de intervenção. Foi un activo loitador contra a ditadura de Oliveira Salazar, actitude que condicionou boa parte da súa obra, e que se reflectiu en Trova do vento que passa (1962), unha escolma de poesía de protesta. O seu repertorio nutriuse de poemas alleos, musicados moitos deles por el mesmo, algúns da autoría de Curros Enríquez e Rosalía de Castro. Da súa discografía destaca Cantaremos (1970) e Gente de aqui e de agora (1971). Postumamente, editouse a escolma Memória de Adriano (1992).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Avintes -
Deceso