"Afro" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 42.

  • Xénero fósil de homínidos que ten como único representante o Afropithecus turkanensis, definido por Meave e Richard Leakey no ano 1986 a partir duns restos faciais e poscraniais atopados en Kalodirr (Quenia). Segundo Harrinson debería incluírse nunha única superfamilia de catarrinos primitivos do Mioceno superior -Proconsulidae- da que xurdiron os posteriores homínidos. Andrews, pola contra, propón resolver a cuestión da diversificación deses homínidos na tribo Afropithecini. A súa localización na orixe dos homínidos proposta en diversas sistemáticas está en contradición co poscranial, pois indica unha locomoción cuadrúpede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de clorita do grupo das leptocloritas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero africano antepasado dos Tarsiformes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de afrouxar ou de afrouxarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deixar frouxa ou folgada unha cousa tirante ou estreita, facendo que esta perda a fortaleza, o vigor ou a intensidade.

    2. olver frouxo algo que estaba tirante.

    3. Facer que se perda a forza, o vigor ou a intensidade.

    4. Deixar ir, soltar no senso de falar ou dicir algo.

    5. Poñer un menor esforzo nunha tarefa, empresa ou contenda.

    6. Volver menos abundante ou numeroso.

    7. Orde que dá o patrón do barco cando é necesario reducir a velocidade. Prodúcese no momento en que é preciso observar con maior atención cara ao fondo do mar para localizar os bancos de peixe. Situación que se dá fundamentalmente nas embarcacións a remos, e que é propia da pesca tradicional de costa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    O Eséxeta (Afrodisia s II - III d C) Filósofo e matemático grego discípulo de Herminio e de Arsitocles de Messina. Ocupou entre o 198 e 211 a cátedra peripatética de Atenas. Destacou polos seus comentarios a Aristóteles, especialmente un que fixo á súa Metafísica, que influíron ata o Renacemento e orixinaron unha nova corrente dentro do aristotelismo: o alexandrismo, segundo o cal só o entendemento activo é separado e inmortal, a diferenza do pasivo (a alma individual). No seu Tratado sobre o destino e o libre albedrío combatía o fatalismo estoico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ausencia ou diminución do desexo sexual.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capaz de moderar o apetito sexual.

    2. Axente ou práctica capaz de moderar o apetito sexual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afectado de anafrodisia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Discontinuidade entre dúas masas de aire de diferente densidade, que se mantén ben marcada ata o chan, na que o aire activo é máis rápido ca o pasivo. Nas anafrontes frías o desprazamento cara arriba do aire quente provoca fortes bategadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • anafrodisíaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. De estilo figurativo ata 1939, neocubista máis tarde, converteuse no principal representante da abstracción lírica italiana arredor do 1945. Durante os anos cincuenta realizou varios murais para a cidade de Udine e en 1958 outro para o edificio da Unesco en París. En 1952 fundou o grupo dos Otto pittori italiani (Oito pintores italianos).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor grego, autor de As aventuras de Quereas e Calirroe, novela de aventuras con alusións históricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen presenta hermafroditismo.

    2. Aplícase á flor que presenta androceo e xineceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia, nun mesmo individuo, de órganos sexuais masculinos e femininos, de tecido ovárico e testicular ou ben de órganos de reprodución que non presentan a típica característica dun só sexo. A pesar de que é normal nun certo número de invertebrados (anélidos, crustáceos e moluscos), é completamente excepcional dentro da especie humana. O pseudo-hermafroditismo ou xinandromorfismo consiste nunha malformación dos xenitais, caracterizada pola presenza nun mesmo individuo dalgunhas características aparentes dos dous sexos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fillo de Hermes e de Afrodita. Logo de ser criado polas ninfas nos bosques do Ida de Frixia, dedicouse a viaxar por Asia Menor. Dotado dunha singular beleza, namorouse del unha ninfa do lago de Caria chamada Salmacis, pero, ao ser rexeitada polo mozo, pediulle aos deuses que o seu corpo quedase sempre pegado ao del. Así, unha vez que Hermafrodito se meteu nas augas do lago, Salmacis achegouse a el e esmagouno contra ela. Desta fusión nacería un novo ser, dotado de dobre natureza. A fábula narrada por Ovidio inspirou obras artísticas, como as esculturas da Galleria Borghese e do Musée du Louvre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fachada erixida aos pés dunha igrexa, oposta á cabeceira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten o nariz pequeno e romo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Solo xeado permanentemente, propio de áreas de clima periglacial. Durante a época estival desxéase a parte superficial -mollisol-, que queda empapada de auga xa que o solo xeado en profundidade actúa coma unha capa impermeable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen está afectado de pseudohermafroditismo.

    VER O DETALLE DO TERMO