Hermafrodito

Hermafrodito
[MIT]

Fillo de Hermes e de Afrodita. Logo de ser criado polas ninfas nos bosques do Ida de Frixia, dedicouse a viaxar por Asia Menor. Dotado dunha singular beleza, namorouse del unha ninfa do lago de Caria chamada Salmacis, pero, ao ser rexeitada polo mozo, pediulle aos deuses que o seu corpo quedase sempre pegado ao del. Así, unha vez que Hermafrodito se meteu nas augas do lago, Salmacis achegouse a el e esmagouno contra ela. Desta fusión nacería un novo ser, dotado de dobre natureza. A fábula narrada por Ovidio inspirou obras artísticas, como as esculturas da Galleria Borghese e do Musée du Louvre.