"Alvin" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 29.
-
PERSOEIRO
Político. Graduado Social pola Escola de Santiago de Compostela, foi presidente das confrarías da provincia da Coruña e fundador (1974) e presidente da Federación de Confrarías de Pescadores de España. Na etapa preautonómica foi conselleiro de Pesca e nas lexislaturas constituínte (1977-1979) e primeira (1979-1982) foi senador pola Coruña pola UCD.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista estadounidense. Divulgou a teoría keynesiana e fixo importantes achegas en relación coa reforma monetaria e a teoría dos ciclos comerciais. Escribiu Fiscal Policy and Business Cycles (1941) e A Guide to Keynes (1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico. Estudiou na Universidade de Columbia, onde obtivo o doutorado (1910). Xunto con outros investigadores do seu país, illou a tiroxina (1919) e a cortisona (1935). En 1948 descubriu importantes efectos terapéuticos da cortisona para combater enfermidades como a artrite reumatoide. En 1950 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, xunto con P. S. Hench e T. Reichstein, polos seus descubrimentos sobre estas hormonas e as súas utilidades terapéuticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enfrontamento bélico que tivo lugar en 1982 entre Reino Unido e Arxentina, por causa da soberanía sobre illas Malvinas, de titularidade británica desde 1833. As illas tiñan un interese estratéxico por ser escala do tráfico marítimo entre o Atlántico e o Pacífico. No aspecto militar, Reino Unido gañou o conflito, e no aspecto político provocou unha crise interna en Arxentina que implicou a caída da ditadura e a instauración no poder de Raúl Alfonsín.
-
ILLAS
Arquipélago do Atlántico meridional, situado a uns 650 km ao NL de cabo de Hornos (12.173 km2; 2.800 h [estim 2001]). Consta das illas Gran Malvina e Soledad e de máis de 100 illotes. O clima é oceánico. A base económica é a gandería ovina, a exportación de la e pel e a pesca. A capital é Stanley (1.636 h [1996]). Descubertas polos holandeses en 1600, foron ocupadas por franceses, británicos e españois, pero desde o s XIX, foron arxentinos e británicos os que disputaron a súa soberanía. A guerra de 1982 deu a vitoria a Reino Unido, que rexeitou calquera tipo de negociación sobre a área pesqueira que se estableceu nas illas ata 1990, cando se restableceron as relacións entre ambos os dous países.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a illas Malvinas ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de illas Malvinas.
-
-
PERSOEIRO
Trobador portugués, fillo de Pero Soarez Alvin e medio irmán do trobador Johan Lobeira. Permaneceu activo a finais do XIII e no primeiro cuarto do s XIV. Estivo na corte de don Denís e na de Sancho IV de Castela, e foi vasalo do infante Afonso, futuro Afonso IV. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana recollen sete cantigas de amor da súa autoría, unha delas dialogada, aínda que dunha só se conservan dous versos. Entre estas composicións destacan “Dizer-vos quer’ a gram coyta d’ amor” e “Senhor fremosa, que de coraçon”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbas anuais, da familia das salvináceas, acuáticas, papilosas, de follas flotantes ovais e de follas mergulladas radiciformes, e de esporocarpios esféricos, con microsporanxios ou con megasporanxios.
-
-
Relativo ou pertencente ás salviniáceas.
-
Planta da familia das salviniáceas.
-
Familia de plantas da orde das salviniais, constituída por plantas herbáceas, dulciacuícolas e flotantes. Hai restos fósiles delas desde o Cretáceo. Comprende só unhas 18 especies e dous xéneros: Azolla e Salvinia.
-