Malvinas, illas
Malvinas, illas
Arquipélago do Atlántico meridional, situado a uns 650 km ao NL de cabo de Hornos (12.173 km2; 2.800 h [estim 2001]). Consta das illas Gran Malvina e Soledad e de máis de 100 illotes. O clima é oceánico. A base económica é a gandería ovina, a exportación de la e pel e a pesca. A capital é Stanley (1.636 h [1996]). Descubertas polos holandeses en 1600, foron ocupadas por franceses, británicos e españois, pero desde o s XIX, foron arxentinos e británicos os que disputaron a súa soberanía. A guerra de 1982 deu a vitoria a Reino Unido, que rexeitou calquera tipo de negociación sobre a área pesqueira que se estableceu nas illas ata 1990, cando se restableceron as relacións entre ambos os dous países.