"Amber" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 52.
-
PERSOEIRO
Arquitecto sueco. Viaxou por China e pola India. En 1749 estudiou en París con Jacques François Blondel e permaneceu en Italia desde 1750 ata 1755, data na que se instalou en Londres. En 1756 foi nomeado profesor de arquitectura do Príncipe de Gales e en 1760 arquitecto do rei. As súas obras teñen un carácter ecléctico baseado no estilo palatino inglés e no neoclasicismo da súa época. Entre as súas obras destacan a pagode de Kew Gardens (1762?) e a casa Somerset (1786). Publicou Designs of Chinese Buildings (Deseños de edificios chineses, 1757) e Treatise on Civil Architecture (Tratado de arquitectura civil, 1759).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
iño de gran corpo, seco, substancioso e aveludado, de 12-13° de alcohol, procedente da Côte de Nuits, na Borgoña francesa.
-
CAPITAIS
Capital do departamento de Savoia, no Ródano, Francia, drenado polo río Leysse (54.120 h [1990]). As industrias química, cristaleira e de materiais de construción son a base da súa economía. Foi capital do condado e posterior ducado de Savoia desde 1232 ata 1562, ano no que a capitalidade pasou a Turín, mentres que Chambéry quedou como centro administrativo da Savoia occidental. Dos seus edificios cómpre destacar o castelo dos príncipes de Savoia, reconstruído no s XIX, e que conserva a Sainte-Chapelle gótica, e a catedral tamén gótica do s XV. Ten museo de arqueoloxía, de historia e de belas artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor holandés. Fillo de Harmen Doomer (1595-1650), un carpinteiro que enmarcaba as obras de Rembrandt, puido ser discípulo deste. Realizou debuxos á augada e cultivou a paisaxe (Paisaxe dun vao con ovelleiro e ovellas) e as escenas bíblicas (Ana presentando a Helí o seu fillo Samuel, 1668).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e enxeñeiro. Realizou estudios de enxeñería técnica mecánica. No eido da pintura foi discípulo de Maximiliano Vidales Espinosa e Arturo Fernández Cersa. Estudiou na Escola de Traballo de Vigo (1939-1941) onde aprendeu as técnicas da augada e do lavado. En 1975 asistiu a clases de debuxo e pintura na Escola de Artes e Oficios da Coruña baixo a dirección de Francisco Creo, Mariano García Patiño e Xosé Luís Rodríguez Sánchez. Traballou o óleo e a acuarela e cultivou a paisaxe. Realizou unha exposición na Alianza Francesa da Coruña (1978) e participou nunha colectiva celebrada no concello da Coruña (1984) e na sala municipal do 11º Arrondisement en París (1986). Acadou o primeiro premio do Concurso Infantil de Debuxo e Pintura da Sociedad de Amigos del Arte de Vigo (1930-1931). Foi presidente do consello de administración de ALUFLET, conselleiro delegado de Ponte Naya, vicepresidente do Banco del Noroeste, cónsul honorario de Francia na Coruña e decano do corpo consular da Coruña. Foi...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta alemán. Escribiu o poema coñecido como Canción de Ezzo, que comeza coa xénese e remata coa redención, ademais de reflectir as ideas reformistas de Cluny.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ida de diversión e folganza.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Coñecido como Giuliano da Sangallo, foi un dos principais continuadores da linguaxe arquitectónica de Brunelleschi. Das súas obras destacan a igrexa de Santa Maria delle Carceri en Prato (1485-1492), primeiro exemplo renacentista de planta central onde tamén son patentes as fórmulas de Alberti, a Villa Medici de Poggio en Caiano (1480-1485), onde construíu un pórtico preludio de Palladio, a sancristía da igrexa do Santo Spirito en Florencia (1489-1492) e o Palazzo Gondi en Florencia (1490-1494), derradeiro expoñente da tradición brunelleschiana. En Roma proxectou o claustro de San Pietro in Vincoli e a igrexa de Santa Maria dell’Anima, e foi nomeado arquitecto de San Pedro do Vaticano xunto con Raffaello e Fra Giocondo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Borato de berilio, de fórmula Be2 (OH)(BO3). Cristaliza no sistema rómbico e preséntase en cristais prismáticos, é incoloro, gris, branco ou amarelo. Ten dureza 7,5 e o seu peso específico é 2,36.
-
-
Pasar a lingua pola superficie dunha cousa.
-
Coller algo doutra persoa sen que esta se decate.
-
Recibir un golpe.
-
Pasar algo a rentes dunha cousa.
-
Adular ou gabar en exceso a alguén.
-
Pasar a lingua por unha parte do propio corpo.
-
Adular ou gabarse a un mesmo en exceso.
-
-
-
Cousa de comer de sabor doce, como os caramelos ou os pasteis.
-
Alimento de excelente sabor que habitualmente se toma fóra das comidas principais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen goza moito das lamberetadas.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de San Breixo (Monterroso). O seu cumio acada os 722 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de luminancia que equivale a 1/ð candelas por cm2, ou 104/ð nt.
-
PERSOEIRO
Físico e matemático. Fixo unha exposición de novas técnicas para medir a intensidade da luz, expuxo o concepto de cero absoluto, e insinuou a posibilidade de xeometrías non euclidianas. Estableceu a fórmula que leva o seu nome sobre as radiacións luminosas e estudiou os cometas. É un precursor do criticismo kantiano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lei exponencial que expresa a intensidade de radiación que atravesa un medio absorbente, en función da intensidade inicial e a distancia percorrida no medio. OBS: Tamén se denomina lei de Beer ou de Beer-Lambert no caso dunha solución.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei pola que a iluminación dunha superficie é inversamente proporcional ao cadrado da distancia que a separa do foco luminoso, e directamente proporcional ao coseno do ángulo que forman os raios luminosos coa normal na superficie. OBS: Tamén se denomina lei do coseno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: Benedicto XIV.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do nome xermánico Landoberth ou Landeber(h)t, composto de land ‘país’, ‘territorio’ e berth ‘claro, ilustre’, latinizado en Lampertus. San Lamberto de Liexa (635?-705) celébrase o 14 abril.
-
PERSOEIRO
Bispo de Maastricht. Foi apóstolo dos habitantes das illas de Nova Zelanda. Na iconografía represéntase como bispo, con mitra e báculo, e leva como atributo un oso erguido. A súa festividade celébrase o 14 abril.
VER O DETALLE DO TERMO