Chambers, William

Chambers, William

Arquitecto sueco. Viaxou por China e pola India. En 1749 estudiou en París con Jacques François Blondel e permaneceu en Italia desde 1750 ata 1755, data na que se instalou en Londres. En 1756 foi nomeado profesor de arquitectura do Príncipe de Gales e en 1760 arquitecto do rei. As súas obras teñen un carácter ecléctico baseado no estilo palatino inglés e no neoclasicismo da súa época. Entre as súas obras destacan a pagode de Kew Gardens (1762?) e a casa Somerset (1786). Publicou Designs of Chinese Buildings (Deseños de edificios chineses, 1757) e Treatise on Civil Architecture (Tratado de arquitectura civil, 1759).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Göteborg

  • Deceso

    Lugar : Londres